Tempus Naturae
Revista Multilingüe de Arte, Literatura, Música e máis

Asun Adá, arte diferente

Dende a súa páxina web, pódese visita-la exposición virtual desta artista orixinaria de Cea (Ourense).Natural, por Asun Adá. cc-by-nc-sa-2.0

Dende esa xanela virtual, nos mostra algúns dos seus cadros,0 das súas fotografías, e, en suma, partes da súa existencia.

Asun Adá (Cea, Ourense, 1976), cultiva varias artes, entre as que se atopan a fotografía, a pintura, a arte textil. Desde a súa páxina na rede, ensínanos unha certa parte da súa obra, algunha da cal ten dereitos de autor convencionais (copyright) e outros están baixo as licencias personalizables “Creative Commons”.

Máis o dito, o próximo 5 de Maio, Asún Adá inaugurará unha exposición de obras súas en Cea, Ourense.

Dende Tempus Naturae manterémonos moi atentos á evolución desta artista multidisciplinar.

Aviso: A imaxe incluída neste artigo está licenciada baixo licencia creative commons de tipo “Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual-2.0″. Para máis información sobre as condicións acceder á páxina explicativa da licenza.

Enlaces:

One Response to “Asun Adá, arte diferente”

  1. [...] da cor Asún Adá, da que xa falamos aquí, polifacética e variada coma sempre, preséntanos a súa “Artesanía da Cor”: [...]


Leave a Reply